coronavirus
nome masculino plural
Nivel 1: Primaria
Os coronavirus son unha familia de virus que recibe este nome pola súa estrutura externa en forma de puntas que parece unha coroa. Os coronavirus causan nas persoas diversas enfermidades respiratorias, como a covid-19, causada polo coronavirus SARS-CoV-2, un virus que algúns chaman, popularmente, covid.
coronavirus
Nivel 2: ESO
Os coronavirus son unha familia de virus que no ser humano adoita causar enfermidades respiratorias que van de leves, como un arrefriado común, a moderadas e mesmo graves, que poden provocar unha pneumonía ou a morte, como ocorre coa enfermidade da covid-19. Existen moitos tipos de coronavirus que afectan tanto aos animais como ás persoas, aínda que todos presentan unhas puntas que rodean a súa estrutura e forman unha coroa.