pneumonía
Nivel 1: Primaria
A pneumonía é unha enfermidade respiratoria que afecta aos pulmóns. É parecida a un arrefriado, pero dá moita febre, tose e non che deixa respirar ben. Por exemplo, cando tes a covid-19, pode ser unha das complicacións máis graves.
Tamén se pode chamar pulmonía.
pneumonía
Nivel 2: ESO
A pneumonía é unha inflamación dos pulmóns, o cal produce dificultade para respirar. Ten outros síntomas, como tose, febre alta, cansazo ou dor muscular. Algúns casos de pneumonía, como os producidos por un coronavirus, son moi graves, até o punto de ter que ingresar nun hospital ou nunha UCI. Mesmo pode producir a morte.
As infeccións que se produciron por un virus non se poden curar con antibióticos, pero as producidas por bacterias, si.
Tamén se pode chamar pulmonía.