antibiótico

nome masculino

Un antibiótico é un medicamento feito de pequenos bichiños ou microbios (chamados bacterias) que cura enfermidades provocadas tamén por bacterias como, por exemplo, unha otite ou unha pneumonía. O antibiótico ataca as bacterias e mátaas ou non lles deixa actuar. Pero o antibiótico non pode matar virus, por iso non serve para curar a maioría de arrefriados. O antibiótico pódese tomar en forma de xarope, pastillas, poñendo unha crema o pódencho pór directamente no corpo cunha xiringa.

O primeiro antibiótico que se inventou foi a penicilina.