penicilina

nome feminino

A penicilina é un antibiótico que cura as enfermidades provocadas por bacterias como, por exemplo, unha pneumonía ou unha infección nunha ferida. A penicilina ataca moitos tipos de bacterias e mátaas ou non as deixa actuar. A penicilina pódese tomar de moitas formas: en xarope, en pastillas, pódela poñer en crema ou pódencha inxectar en vea.

A penicilina foi o primeiro antibiótico que se inventou.