anticorpo

nome masculino

Un anticorpo é unha substancia química (chamada proteína) que o teu corpo fabrica para defenderse de elementos estraños e destrutivos, como as bacterias, os fungos ou os virus, ou de substancias químicas malas para o teu corpo. Por iso, os anticorpos popularmente tamén se chaman defensas.

Moitas veces, usámolo en plural e dicimos frases como “a vacina da varicela crea anticorpos para esta enfermidade“.