varicela

nome feminino

A varicela é unha enfermidade contaxiosa que fai que teñas febre e que che saian grans vermellos e ampolas que pican moito por todo o corpo. A varicela contáxiase moi rapidamente. Por iso, non podes ir á escola se a tes. Para curala é mellor non rascarse e tomar o medicamento axeitado. Normalmente só se pasa unha vez na vida e, se che puxeron a vacina, pode ser que non a pases nunca ou que, se a pasas, nin a notes.

Non se pode confundir co xarampón, co que che saen grans vermellos pero non ampolas.