hospital
nome masculino
Un hospital é un edificio moi grande onde coidan os enfermos. Alí traballan médicos e enfermeiros, entre moitas outras persoas. Nun hospital, atenden pacientes de todo tipo, desde persoas que romperon un brazo até mulleres embarazadas ou nenos que se teñen que operar. Nos hospitais, hai cuartos para os pacientes que teñen que quedar ingresados, ambulancias para trasladalos e, ademais, tamén se investigan as enfermidades. Hai algúns hospitais que son só para nenos.
Cando o centro é máis pequeno, só ten determinados médicos especialistas e se fan só algúns tratamentos, trátase dunha clínica.