paciente

nome masculino e feminino

Un paciente é a persoa que vai ver un médico para consultarlle algunha cousa, porque non se atopa ben ou porque quere facer unha revisión. Tamén se pode dicir que un paciente é unha persoa que está enferma ou a quen teñen que facerlle unha cirurxía.

A palabra enfermo tamén a podemos utilizar para os pacientes que teñen unha enfermidade, pero non todos os pacientes están enfermos.