illamento

nome masculino

Nivel 1: Primaria

O illamento é unha situación que implica separar unha persoa que ten unha enfermidade contaxiosa das demais persoas para que non as contaxie. Durante a pandemia da covid-19, as persoas contaxiadas de covid tiveron que illarse.

Nivel 2: ESO

O illamento é o protocolo que se segue cando unha persoa sofre unha enfermidade contaxiosa. Adoita consistir en separala do resto de persoas para evitar máis contaxios. O illamento tamén se pode aplicar a persoas non contaxiadas que, por diversas razóns (teñen as defensas baixas ou outras enfermidades), deben evitar contaxiarse. Durante a pandemia da covid-19, aplicóuselle o illamento a moitas persoas.