incubadora

nome feminino

Unha incubadora é unha máquina en forma de berce que hai nos hospitais e que serve para que os bebés que naceron antes de tempo e son demasiado pequenos poidan ter a mesma temperatura ca se aínda estivesen na barriga da nai. Algúns bebés poden quedar na incubadora unhas horas e outros uns días.