indixestión

nome feminino

Unha indixestión é cando tes dor de barriga porque dixeriches mal a comida. Non podes dixerir ben por moitas razóns, por exemplo, porque comiches demasiado rápido, porque a comida non estaba ben ou porque fixeches exercicio de máis despois de comer. Cando tes unha indixestión, podes vomitar e, se non che pasa, tes que ir ao médico.

Popularmente, adoitamos dicir que temos dor de barriga. Agora ben, non sempre que tes dor de barriga tes unha indixestión.