pandemia
Nivel 1: Primaria
Unha pandemia é unha enfermidade que se estende por todos os países e fai que moita xente se contaxie, como ocorreu coa covid-19. Ás veces, pode non haber cura inmediata, polo que non debemos saír da casa durante un tempo, por seguridade.
pandemia
Nivel 2: ESO
Unha pandemia é unha enfermidade que se expande por todo o mundo de forma moi rápida, o que xera unha situación de alerta global polo perigo de que poida chegar a ser mortal ou de que paralice o funcionamento da sociedade de maneira temporal.
Cando se dá unha pandemia, o obxectivo das autoridades é frear a expansión e o contaxio, polo que se obriga a tomar precaucións que, en ocasións, provocan que a poboación non poida saír da casa, como ocorreu no año 2020 coa pandemia da covid-19.