contaxio
nome masculino
Nivel 1: Primaria
Un contaxio é a transmisión dunha enfermidade por parte dunha persoa ou animal a outra persoa ou animal. Por exemplo, a rabia é unha enfermidade que os cans ou os morcegos lle poden contaxiar a alguén ao morder. Outro exemplo é o contaxio durante a pandemia da covid-19, unha enfermidade que moita xente colleu polo contacto con persoas enfermas que esbirraban ou tusían.
contaxio
Nivel 2: ESO
Un contaxio é a transmisión dunha enfermidade infecciosa por parte dun individuo (persoa ou animal) a outro por contacto directo ou indirecto. Por exemplo, hai enfermidades como a rabia que algúns animais, como os cans, lles poden contaxiar aos seres humanos por contacto directo si lles dan unha trabada. Tamén hai outras enfermidades que se poden contaxiar por contacto indirecto, como durante a pandemia da covid-19: moita xente sa contaxiouse da covid polo contacto indirecto con persoas enfermas que esbirraban ou tusían.