conxuntivite
nome feminino
A conxuntivite é unha inflamación do ollo. Cando tes conxuntivite, póñenseche os ollos vermellos e pícanche. Tamén se che pode inflamar a pálpebra, pódeche chorar o ollo, pola mañá pódeche custar abrilo e pódenche saír lagañas. Se tes conxuntivite, tes que ir ao médico e seguramente terás que poñer un medicamento en forma de gotas ou crema nos ollos. A conxuntivite pódese contaxiar. Por iso, é moi importante lavar as mans cada vez que tocas os ollos.
Esta palabra está formada pola palabra conxuntiva e –itis, que en grego antigo significa ‘inflamación’.