célula

nome feminino

Unha célula é a unidade con vida máis pequena do corpo humano. Todos os seres vivos están formados por células. Hai seres vivos formados por unha soa célula que se chaman unicelulares, como as bacterias. Pero a maioría están formados por máis dunha célula, e entón chámanse pluricelulares. As persoas estamos formadas por millóns de células de moitos tipos, por exemplo, as células do cerebro, que se chaman neuronas.