cerebro
nome masculino
O cerebro é unha parte do corpo humano que está dentro do cranio e que serve para pensar e tamén para estudar, ler, escoitar, falar, camiñar, traballar, escoller… O cerebro é brando, redondeado e está formado por neuronas. Hai animais que tamén teñen cerebro, pero é diferente do das persoas. Se non tivésemos cerebro, non seriamos persoas.