neurona

nome feminino

Unha neurona é unha célula do cerebro. As neuronas son pequenísimas e para velas necesitamos un microscopio. O cerebro está formado por moitísimas neuronas, millóns e millóns delas, que forman redes. As neuronas permítennos pensar, estudar, tomar decisións, lembrar cousas, ler, escribir, mover o corpo etc.