obesidade

nome feminino

A obesidade é unha enfermidade que consiste nun exceso de graxa no corpo dunha persoa. Unha persoa obesa está moi gorda. Esta enfermidade ten consecuencias graves, como ter moita máis dificultade para camiñar, para facer deporte ou para respirar. As persoas obesas teñen moitas enfermidades graves. A obesidade pode ter moitas causas. Unha das máis importantes é non seguir unha dieta equilibrada.

Non se pode confundir a obesidade, que é unha enfermidade grave, co sobrepeso. É moi importante tratar ben aos nenos e aos adultos con obesidade, que moitas veces reciben maltrato por seren tan gordos.