maltrato

nome masculino

O maltrato é cando alguén lle fai dano expresamente a unha persoa porque a molesta, lle pega, a insulta, ri dela, déixaa de lado ou lle di cousas que non lle gustan. Se un neno ou nena se sente maltratado, ten que llo dicir a unha persoa adulta, por exemplo, aos pais, aos mestres ou aos monitores.

É un dereito universal dos nenos ser protexidos de calquera forma de maltrato.