malformación
nome feminino
Unha malformación é unha característica dunha parte do corpo humano que é moi diferente á que adoita ter a maioría de persoas. Por exemplo, ter as mans moi grandes ou un ollo moi grande e o outro moi pequeno. Hai bebés que nacen con algunha malformación, como, por exemplo, coas dedas xuntas ou con tres dedos nunha man no canto de cinco, cunha orella pegada á cabeza ou sen algunha parte do corpo.