lunar
nome masculino
Un lunar é unha mancha redonda de cor marrón escura, coma un punto, que che pode saír en calquera parte da pel. Ás veces, pode molestar, pero normalmente non doe nada. Se algunha penca crece ou cambia de cor, téñennola que quitar. Por esta razón, se tes pencas, é recomendable que chas controle un dermatólogo.