logopedista
nome masculino e feminino
Un logopedista é unha persoa especializada en todos os problemas que teñen as persoas coa linguaxe. Un logopedista axúdache a pronunciar palabras, a falar, a escribir e a ler cando tes dificultades para facelo correctamente. Por exemplo, cando non sabemos pronunciar o erre ou tatexamos ou confundimos as letras, un logopedista pódenos axudar.