lipotimia
nome feminino
Unha lipotimia é unha perda dos sentidos durante un momento. Cando tes unha lipotimia, os pulmóns respiran e o corazón latexa moi rápido ou máis lento, tes a sensación de marearte, non ves as cousas e, se estás de pé, caes ao chan. Cando unha persoa ten unha lipotimia ou se desmaia, parece que estea morta ou durmindo durante uns segundos. Pódeche pasar por moitas razóns; por exemplo, porque fixeches moitos esforzos, porque che deu moito o sol ou porque tiveches unha baixada de azucre.
Hai que vixiar cando unha persoa se desmaia e cae ao chan porque podería tragar a lingua, xa que nese momento perde o control das partes do corpo.
Popularmente, usamos a palabra desmaio. Os médicos tamén usan a palabra especializada síncope.