sobrepeso

nome masculino

O sobrepeso é o peso que ten unha persoa por enriba do peso que se considera normal para a saúde. Ás persoas que teñen sobrepeso cústalles máis moverse e poden ter máis problemas de saúde. Podes ter sobrepeso por moitos motivos, entre os cales destaca levar unha dieta pouco saudable.

Cando o peso é moi superior ao que se considera sobrepeso, temos unha enfermidade grave que se coñece co nome de obesidade.