síndrome de Down

nome feminino

A síndrome de Down fai referencia ás persoas que teñen unha diferenza nos xenes cando nacen. Estas persoas teñen tres cromosomas 21 (un cromosoma é unha parte dunha célula), mentres que a maioría de persoas só teñen dous. Esta diferenza fai que os nenos teñan unha cara ancha, uns ollos pequenos e alongados, o cabelo fino e dedos curtos. Tamén lles custa máis aprender, así que o fan dunha forma diferente ou máis lentamente. Por esta razón, aínda que case sempre acoden a escola á que van a maioría dos nenos, ás veces asisten a unhas escolas onde os mestres saben como aprenderlles máis adecuadamente e ao seu ritmo.

A síndrome de Down non é unha enfermidade.

Chámase síndrome de Down porque a primeira persoa que a describiu no ano 1899 era un científico británico que se chamaba John Langdon Down e chamouna co seu apelido.