suor

nome feminino

A suor é un líquido transparente e salgado, parecido á auga, que sae pola pel e que axuda a que o corpo estea fresco. A suor sae cando vai moita calor, cando fas deporte, corres, saltas ou fas algunha actividade física ou tamén cando tes febre. Cando súas moito, tes que beber auga para non te deshidratar.