supositorio

nome masculino

Un supositorio é un medicamento que ten forma de foguete pequeno e que se mete polo ano e se desfai dentro do corpo. Úsase para curar algunhas enfermidades ou malestares. Por exemplo, cando non podes facer caca, pódenche poñer un supositorio para que a fagas, aínda que o supositorio cada vez se usa menos.