dieta
nome feminino
Unha dieta é un control da comida e da bebida dunha persoa. Especialmente, os médicos recéitanlles unha dieta ás persoas que queren adelgazar porque están demasiado gordas, ás que queren engordan porque están demasiado delgadas ou ás que teñen algún problema de saúde como, por exemplo, diarrea ou diabetes.
Todo o mundo debería seguir unha dieta saudable e, por iso, a pirámide dos alimentos axúdanos. Se queres seguir unha dieta saudable, tes que comer variado e, sobre todo, moita froita, verdura e cereais. En cambio, tes que procurar non comer moitos alimentos con demasiado azucre ou graxa, coma os doces.