diabetes
nome feminino
A diabetes é unha enfermidade que fai que teñas demasiado azucre no sangue e teñas moita sede e moita gana de facer pipí. Cando sofres diabetes, tes que seguir unha dieta especial e tes que te inxectar insulina, que é unha substancia que axuda a regular o azucre do sangue. Ás persoas diabéticas failles falta porque non fabrican insulina abondo.
Hai varios tipos de diabetes; a diabetes mellitus tipo 1 é a que afecta a nenos e adolescentes.