dioptría
nome feminino
Unha dioptría é a medida que usan os oftalmólogos para medir a vista. Cando che revisan a vista, dinche cantas dioptrías tes en cada ollo. Se tes unha ou máis nalgún ollo, significa que non ves ben e que tes que levar anteollos ou lentes de contacto.