cefalea

nome feminino

Unha cefalea é unha dor de cabeza moi forte que che fai ter a sensación de que a cabeza che estoupa e de ter punzadas. Cando tes cefalea ou dor de cabeza, podes ter febre, marearte e mesmo vomitar. Ás veces, tes dor de cabeza cando estás enfermo ou tamén cando estás anoxado, hai moito ruído ou estás canso. Tamén cando deches un golpe, tomaches moito o sol, viches moito a tele ou estiveches moitos minutos xogando sen parar diante do ordenador etc. Para que che deixe de doer a cabeza, tes que estar nun lugar tranquilo e sen ruído. Se non che pasa, pódenche dar algún medicamento ou podes ir a un centro de atención primaria ou a un hospital para que te atenda un médico.

Popularmente usamos dor de cabeza ou xaqueca. Os médicos tamén usan hemicrania.