centro de atención primaria

nome masculino

Un centro de atención primaria é o primeiro centro onde adoitan atenderte cando tes problemas de saúde ou onde acodes cando tes que facer revisións ou análises de sangue. Nos centros de atención primaria trátanse e resólvense a maioría dos problemas de saúde que poidas ter. Alí traballan médicos, pediatras, dentistas, enfermeiros e outros profesionais da saúde.

En caso de que teñas unha lesión ou unha enfermidade grave e non te poidan axudar nun centro de atención primaria, tes que ir a un hospital.

Tamén se pode dicir CAP (unha sigla formada polas primeiras letras de Centro de Atención Primaria ou centro de saúde.