dentista
nome masculino e feminino
Un dentista é unha persoa especializada na boca. Os dentistas tratan as enfermidades e problemas dos dentes. Cando chegas ao sitio onde traballan, sentas nunha padiola e, con ferramentas especiais, miran como tes a boca para tratar o que non estea ben: os dentes tortos, os dentes que non teñen espazo para saír, unha moa que che doe, unha carie nun dente etc.