depresión
nome feminino
Unha depresión é unha enfermidade que fai que teñas emocións negativas, que non sintas alegría e que esteas triste. Cando estás deprimido porque tes unha depresión, a miúdo non che apetece facer nada, non queres falar con ninguén, non queres xogar nin facer cousas divertidas como ir ao parque. Moitas veces, cando tes unha depresión, non queres ir ao colexio nin saír do teu cuarto, cres que non tes amigos e non tes fame ou tes moita. Se estás deprimido, cres que os demais son moi felices e, en cambio, ti sénteste só e con gana de chorar.