carie
nome feminino
Unha carie é unha enfermidade dos dentes causada por bacterias que os esfuraca e fai que che saia unha mancha de cor negra. Se tes unha carie, os dentistas sacarancha e poranche unha especie de pasta para reconstruír o dente danado. Mais se a carie é moi grande, pode que sexa necesario que cha saquen.
Para que non che saian caries, os dentistas aconsellan lavar os dentes despois de cada comida e intentar non comer todos os días demasiados doces ou alimentos con azucre, como pasteis.