caso negativo
Nivel 1: Primaria
Un caso negativo é unha persoa que se fixo unha proba para saber se ten unha bacteria ou un virus e o resultado indica que non. Por exemplo, unha persoa que é un caso negativo de covid non adoita estar enferma, pero é importante que se siga coidando, sobre todo se vive ou pasa tempo con persoas que están enfermas.
Aínda que non o pareza, podemos dicir que ser un caso negativo é unha boa nova.
caso negativo
Nivel 2: ESO
Un caso negativo é unha persoa que, despois de se facer unha proba de detección dunha bacteria ou un virus, resulta negativa. Isto significa que non se atopou ningún rastro de bacteria ou virus no seu corpo. É importante que un caso negativo de covid se siga coidando, especialmente se convive con persoas que deron positivo no virus.
Pódese ser un caso negativo, é dicir, dar negativo en calquera proba que pida un médico, como, por exemplo, unha proba de embarazo, unha proba de alcoholemia, unha proba de sangue oculta en feces etc.
A miúdo, referímonos a un caso negativo coa abreviación un negativo.