caso positivo

nome masculino

Nivel 1: Primaria

Un caso positivo é unha persoa que se fixo unha proba e o seu resultado indica que o seu corpo contén unha bacteria ou un virus. No caso da pandemia da covid-19, cando falamos dun caso positivo é para explicar que alguén está infectado polo coronavirus. Se unha persoa é un caso positivo de coronavirus, pode non estar enferma da covid-19 e, mesmo así, contaxiar outras persoas. Por iso, se se pode, é importante que esta persoa, aínda que non se atope mal, quede na casa para non contaxiar os demais e que se faga outra proba despois duns días para ver se o virus segue no seu corpo.

A un caso positivo moitas veces chamámoslle un positivo.

Nivel 2: ESO

Un caso positivo é unha persoa que, despois de se facer unha proba (por exemplo, unha proba de antíxenos ou unha PCR), foi diagnosticada como positiva nunha bacteria ou un virus. Noutras palabras, detéctase que a bacteria ou o virus está presente no seu corpo.

No caso da pandemia da covid-19, se unha persoa dá positiva en coronavirus, pode ter síntomas e ter a enfermidade da covid-19 ou non ter síntomas porque non ten a enfermidade. Porén, nos dous casos esa persoa pode contaxiar outras persoas. Por iso, unha persoa que é un caso positivo de coronavirus debería illarse e coidarse até dar negativa despois de se facer outra proba.

A miúdo, referímonos a un caso negativo coa abreviación un positivo.