proba de antíxenos

nome feminino

Nivel 1: Primaria

Unha proba de antíxenos é unha proba que nos facemos para saber se temos algunha enfermidade infecciosa no noso corpo, como, por exemplo, a covid-19. Para realizar unha proba de antíxenos, precísase unha mostra de secrecións da mucosa do nariz ou da gorxa, que se recolle cun bastonciño e que se pon nunha tira reactiva. O resultado pode ser positivo ou negativo e podemos sabelo porque aparecen dúas raias na tira reactiva se é positivo e unha raia se é negativo.

Esta proba pódese realizar nun centro médico, nunha farmacia ou na casa e podes realizala ti ou coa axuda dunha persoa adulta. O resultado da proba analízase de forma moi rápida no mesmo lugar onde se fai (no centro médico, na farmacia ou na casa).

A proba de antíxenos tamén se pode chamar test de antíxenos, proba antixénica, test antixénico rápido ou TAR, que é a abreviación das letras iniciais de test antixénico rápido.

Nivel 2: ESO

Unha proba de antíxenos é unha proba que detecta as proteínas dun microbio concreto que pode infectar unha persoa. Utilízase habitualmente para diagnosticar enfermidades infecciosas, como, por exemplo, a covid-19. Para realizar unha proba de antíxenos, precísase unha mostra de mucosa do nariz ou de saliva, que se recolle cun bastonciño e que se pon nunha tira reactiva que indica dous valores: control (C) e test (T). O resultado é positivo se aparece unha raia no valor control e unha raia no valor test; se o resultado é negativo, só aparece unha raia no valor control. Esta proba realízase nun centro médico, nunha farmacia ou na casa se a fai un mesmo, e a mostra analízase de forma moi rápida no mesmo lugar onde se leva a cabo a proba.

A proba de antíxenos tamén se pode chamar test de antíxenos, proba antixénica, test antixénico rápido ou TAR, que é a abreviación das letras iniciais de test antixénico rápido.