farmacia

nome feminino

Unha farmacia é un establecemento onde venden medicamentos (como antibióticos, xaropes, pastillas ou vacinas), outros obxectos que serven para curar ou para a hixiene persoal (como vendas, apósitos, cremas hidratantes, xampús para os piollos ou cepillos de dentes) e tamén produtos para os bebés (como leite, cueiros ou chupetes). Hai moitos medicamentos que só chos poden vender se traes unha receita do médico. Ás veces, os farmacéuticos que traballan nunha farmacia teñen que preparar os medicamentos especiais para unha persoa, como, por exemplo unha crema para a pel atópica. Na farmacia tamén che poden mirar a tensión, pesarte ou medirte.

Nas fachadas das farmacias, hai unha cruz verde ou vermella que serve para identificalas facilmente. Hai algunhas tendas, que se chaman parafarmacias, onde venden algúns dos produtos para a hixiene ou saúde que tamén podes atopar nas farmacias.