receita

nome feminino

Unha receita é un documento que escribe o médico onde di os medicamentos que tes que tomar. Nas receitas tamén se indican as doses (cantidade), a frecuencia (cada cando) e a duración (cantos días) do tratamento. Para comprar o medicamento receitado, hai que ir a unha farmacia coa receita.