farmacéutico farmacéutica
nome masculino e feminino
Un farmacéutico é unha persoa que estudou Farmacia e, polo tanto, coñece os medicamentos, as súas características e os seus efectos. Os farmacéuticos a miúdo traballan en farmacias, onde venden e preparan medicamentos como xaropes ou pastillas.