confinamento

nome masculino

Nivel 1: Primaria

O confinamento é o encerro dunha persoa ou de moitas nun sitio porque fóra hai algunha situación de perigo. O confinamento é obrigatorio; só se pode saír por causas xustificadas (comprar comida, ir ao médico…) e pode durar un día ou mitos días, segundo sexa o perigo. Durante a pandemia da covid-19, tivemos que confinarnos na casa moitos días para evitar contaxios, e para algunhas persoas foi triste e aburrido.

Nivel 2: ESO

O confinamento é o encerro dunha persoa ou poboación nun sitio porque existe algunha situación de alto risco no exterior (guerra, enfermidades, estado de alarma…). O confinamento é obrigatorio e ten unha duración de tempo variable; só se pode saír ao exterior para cubrir necesidades básicas (comprar alimentos, coidado de enfermos etc.). Durante a pandemia da covid-19, decretáronse varios confinamentos da poboación para evitar contaxios que nalgunhas persoas xeraron bastante angustia.