quimioterapia
nome feminino
A quimioterapia é un tratamento a base de produtos químicos que serve para curar enfermidades como o cancro. Pode ser en forma líquida ou sólida, por exemplo, nunha pastilla. É un tratamento bastante agresivo que pode ter consecuencias, é dicir, efectos secundarios, como a caída do cabelo, vómitos, que se che durman algunhas partes do corpo ou que a boca che saiba a ferro.