cirurxián cirurxiá

nome masculino e feminino

Un cirurxián é o médico especializado en curar enfermidades ou problemas de saúde por medio dunha cirurxía ou operación dalgunha parte do corpo, como, por exemplo, un problema no corazón, un óso roto, un lunar especial ou unha apendicite. Para curarte, o cirurxián primeiro faiche un corte no corpo; logo traballa (arránxache ou quítache aquilo que che doe) e, despois, cóseche o corte con puntos ou con grampas.