apendicite
nome feminino
A apendicite é unha enfermidade na cal se inflama o apéndice, que é como unha bolsiña pequena e delgada como un dedo, que está pegada ao principio do intestino groso. Cando tes apendicite, é moi probable que te operen para quitarche o apéndice. Cando che doe moito a barriga preto do embigo ou no costado dereito, que é onde está o apéndice, é importante dicirllo a unha persoa adulta para ir rápido ao hospital.
Esta palabra vén do grego antigo apendic-, que significa ‘apéndice’, e –itis, que significa ‘inflamación’.