medo

nome masculino

O medo é unha emoción forte e desagradable que sentimos cando estamos ante algún perigo. Os medos poden ser reais (por exemplo, podes ter medo á escuridade, a algúns animais como os crocodilos ou as arañas, aos terremotos ou ás inxeccións) ou imaxinarios (por exemplo, podes ter medo aos monstros, ás pantasmas, ás bruxas, aos vampiros ou ás películas de medo). Tamén podes ter medo cando te atopas ante un problema, cando tes un pesadelo ou cando tes medo de non facer algunha cousa ben. Cando tes medo, ás veces, trémeche o corpo, o corazón vaiche rápido e estás asustado.

Tamén usamos as palabras temor e susto.