gripe

nome feminino

A gripe é unha enfermidade respiratoria contaxiosa producida por un virus que pode entrar no corpo polo nariz ou pola boca. Cando tes a gripe, atópaste moi mal, dóeche o corpo e tes febre. Ás veces, tamén che pode doer a cabeza e a gorxa e podes ter tose e mocos. Como a causa da gripe é un virus e non unha bacteria, non hai que tomar antibióticos e, como moito, o médico pode darche un medicamento para que che baixe a febre e te sintas mellor. Nalgúns casos, é recomendable poñer unha vacina para non coller a gripe.

Moitas veces, confundimos gripe con arrefriado.