Unha brecha é un corte profundo en calquera parte do corpo. Cando fas unha brecha, ábreseche a pel e pode saír moito sangue. Por esta razón, tes que ir ao médico e pode que che dean puntos. Cando che cura, pódeche quedar unha cicatriz.