bronquite
nome feminino
Unha bronquite é unha enfermidade en que se inflaman os bronquios, que son os tubos por onde circula o aire dentro dos pulmóns. Cando tes bronquite, tes moitos mocos, toses moito e cústache respirar. Se a bronquite é grave, podes ter que quedar uns días no hospital. Entón, adóitanche poñer unha máscara para axudarche a respirar.
Esta palabra vén do grego antigo bronqu-, que significa ‘traquea’, e –itis, que significa ‘inflamación’.