enfermeiro enfermeira

nome masculino e feminino

Un enfermeiro é unha persoa que coida os enfermos e que lles dá os medicamentos. Os enfermeiros traballan con outros especialistas da saúde, especialmente con médicos e pediatras. Conxuntamente cos pediatras, controlan a saúde dos nenos e nenas (pesan, miden, poñen vacinas, dan dietas etc.). Moitas veces, usan unha bata branca.